14/11/11

NADAL EN GALEGO

Xa chegou de novo o concurso de felicitacións dixitais de Nadal en galego convocada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.



O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Os traballos máis enxeñosos e cun deseño máis orixinal serán seleccionados para formar parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da secretaría xeral. Ademais, outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego para cada un dos gañadores ou gañadoras.

Participación:


* Ata o 9 de decembro de 2011.
* Enviando as presentacións aos enderezos electrónicos:


secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou sxpl.secretaria@xunta.es


9/11/11

As aventuras de Sherlock Homes


Esta foi a obra de inauguración do club de lectura HdL no curso 2011-2012. Foi todo un éxito a súa escolla, xa que o xénero policíaco e a doses de intriga da obra captaron a súa atención a nimando á lectura dende o primeiro momento.


Valoracións dos/as lectores/as:

Paréceme que Sherlock ten unha impresionante capacidade de dedución e observación.

Paréceme que Sherlock Homes é incrible o poder de dedución a pesar dos efectos das drogas.

A min paréceme incrible a súa capacidade de dedución e observación.

18/5/11


Imaxes da biblioteca


Oalumnado de Diversificación traballa na biblioteca.


Sello para os libros do club de lectura LeMos