![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj5I9IvgUEt76doECe4mjVOSFXmetvKq5BQ8WwtvjORUJZYNh-YTT03WDS8FTP6KnRBTht6ZZoo58OxLfoRe8TiE8iDrc3orzXiJ-Ruz4AeizR0UO7nIES3DB_VM2zgYI1PD3Z3idRQwkk/s320/Imaxe0478.jpg)
Como se non existise
Slavenka Drakulic, Xerais.
Novela escollida polo club LeMos para o mes de marzo- abril.
Esta obra dura e terriblemente humana, foi a que nesta tarde nos xuntou aos membros do club para conversar sobre un tema tan desacougante e estremecedor como é unha guerra. Unha guerra que sempre pensas que non che vai tocar a ti. Todo pode suceder, a ti tamén che pode tocar, que podes facer ante esta terrorífica situación? deixar de existir?.
A literatura e o cine son as mellores canles para transmitir estes horrores, e iso foi o que debullamos ao longo desta charla do mes de abril.
A Mennulara
FORZA, CORAXE, TRABALLO, HONRA E LEALDADE. Todos estes substantivos son os que pon Rosalía … na súa vida para poder sobrevivir nunha socidade marcada polo machismo e, sobre todo, a mafia.
As suposicións interesadas e opinións desacreditadas sobre unha muller condenada á súa condición de inferioridade social e mesmo estimativa, van construíndo cambiantes imaxes que desorientan ao lector.
Un enterro, un funeral, son as disculpa para que os habitantes do pobo, rememoren a difunta. Dende unha arañeira de opinións imos construíndo e descubrindo aos poucos a verdadeira Mennulara. A cosnideración dos feitos sempre resulta relativa e a verdade da personaxe reside nela e nos lectores, que acabamos coñecendo motivos e esencias da protagonista morta.