10/11/09

MAGOST09


Chegou novembro e trouxo recendo da castaña asada, a convocatoria de magostos...Coma vén sendo costume, o IES de MOS, poñerá as castañas no lume e con elas celebrará unha xornada de traballo diferente e actividade distinta. Picadores, asadores, cucurucheiros, servidores, limpadores...que vaian botando man dos aparellos necesarios porque o venres 20, aí estaremos agardando que entre todos o Magosto poida ser de novo unha realidade para non esquecer no calendario histórico do Instituto.
O tiro da corda, mazá no caldeiro, trompos, fotografía, pintura...darán a oportunidade de sorrir un chisco e esmerarnos na actividade que máis nos praza. Ollo entón cos taboleiros porque eles darán novas do que vaia acontecendo con esta convocatoria de Magost09.
Na foto, alumnado do IES de Mos preparando as ferramentas do farrusco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario