20/11/09

LeMos 09: Sesión II

O mércores 18 de Novembro o Club de Lectura LeMos, como cada mes, reuniuse na Biblioteca do IES de Mos, para compartir unhas horas vespertinas e poñer en común as impresións sobre a lectura de A praia dos afogados.Transcorreu o noso tempo achegando impresións varias , acontecementos, espazos recoñecibles e recoñecidos, música e protagonistas.

As conclusións finais resúmense nunha pregunta: Estamos ante unha posible película?, pois a todos nos pareceu que a obra presenta máis as características de guión de cine que de novela.

O autor non puido asistir, mais ofreceu o roteiro a percorrer dos escenarios da novela, ou ben a asistencia á presentación do libro en Nigrán o día 24 de Novembro.

A lectura escollida para a vindeira xuntanza, o 16 de Decembro, foi A revolta dos Animais de George Orwell.

10/11/09

MAGOST09


Chegou novembro e trouxo recendo da castaña asada, a convocatoria de magostos...Coma vén sendo costume, o IES de MOS, poñerá as castañas no lume e con elas celebrará unha xornada de traballo diferente e actividade distinta. Picadores, asadores, cucurucheiros, servidores, limpadores...que vaian botando man dos aparellos necesarios porque o venres 20, aí estaremos agardando que entre todos o Magosto poida ser de novo unha realidade para non esquecer no calendario histórico do Instituto.
O tiro da corda, mazá no caldeiro, trompos, fotografía, pintura...darán a oportunidade de sorrir un chisco e esmerarnos na actividade que máis nos praza. Ollo entón cos taboleiros porque eles darán novas do que vaia acontecendo con esta convocatoria de Magost09.
Na foto, alumnado do IES de Mos preparando as ferramentas do farrusco.

4/11/09

BIBLIOGRAFÍA PARA LER




Ata o día de hoxe estiveron expostos diferentes libros relacionados coa teima de ler. Para botar man deles como axuda ao noso Proxecto Lector. A listaxe de títulos queda aquí escrita para o que poida servir:
*ATXAGA, Bernardo: Lista de locos y otros alfabetos. Ed. Siruela.
*ARIZALETA, Luís: La lectura ¿Aficción o hábito?Ed. Anaya.
*BARÓ, Mónica et alii: Bibliotecas escolares, ¿para qué? Ed. Anaya.
*BERMEJO, Mercedes: Bibliotecas galegas. Xunta de Galicia.
*CASSANY, Daniel: Taller de textos. Ed. Paidós
*CASCALLAR, Consuelo: A aventura de ler xuntos. Xunta de Galicia.
*COBAS BRENLLA; Xulio: Historia da Literatura infantil e xuvenil.
*CHAMBERS, Aidan: Dime. Fondo de cultura económica.
*CHAMBERS, Aidan: Lecturas. Fondo de cultura económica.
*DOMÍNGUEZ, María : ¡La lectura sí que es un regalo! Ed. Formación Alcalá.
*FERNÁNDEZ, David: Antología de Lecturas, Ed. Almadraba
*FERNÁNDEZ PAZ, Agustín: A literatura infantil e xuvenil en galego. Xerais.
*LÓPEZ, Eva: Lecturas compartidas. Xunta de Galicia.
*MONLLOR, Cecilia /JUBLÍN, Martine: Experiencias de animación á lectura. Andel.
*NICOLÁS, Ramón: Papeis de Literatura. Ed. Xerais.
*PENNAC, Daniel: Como unha novela. Ed. Xerais.
*RODARI, Gianni: Gramática da fantasía.Ed. Kalandraka
*SEOANE, Xavier: Atravesar o espello. Ed. Xerais
*VÁZQUEZ FREIRE, Miguel: Ilustradores galegos para nenos. Xunta deGalicia.
*VVAA: Palabras por la lectura. Junta de Castilla La Mancha.rvir

3/11/09

O samaín09



O medo, o misterio, o terror e as fantasmas, baixaron dos andeis por celebrar o seu Samaín.
E non só eles estiveron presentes, as cabazas abriron os ollos e dende a súa grande boca invitáronnos a apagar as luces e acender velas.
No ambiente respirouse algo máxico, que envolveu e transladou a biblioteca a outra dimensión...Páxinas e páxinas de contos, historias e demais cousas de ler protagonizaron o Samaín09.

30/10/09

PLAN LECTOR



HORA DE LER

Xa está en marcha o Proxecto Lector do Centro. O Calendario Lector vai anunciando os días adicados á "Hora de Ler". Dende o 19 de Outubro, contamos no noso horario cunha hora semanal de lectura na aula. De xeito individual, en silencio, cadaquén le o seu libro, prestado, pedido, comprado, regalado...

Iremos informando do proceso, colleita e resposta deste Proxecto. E se algo queredes engadir ao respecto (críticas, suxestións, ideas...) toda proposta será ben recibida e agradecida.

Na foto recóllese o calendario lector sinalando os días e horas adicadas á lectura

29/10/09

COGUMELOS NA BIBLIOTECA




Exposición

de

Cogumelos

na

Biblioteca.

Outro ano máis o Concello de Mos, cedeu a recolleita de cogumelos feita nas xornadas micolóxicas. A nosa biblioteca puido disfrutar da riqueza natural que o outono aporta aos nos montes, así como do recoñecemento e clasificación de cada un dos cogumelos do que se encargou Puri Lorenzo.Aquí queda o agradecemento a todos os que tal labor desenvolven.

27/10/09

Club LeMos


O Club de Lectura LeMos, continúa a súa andaina: no ano III de vida, decidimos reunirnos en primeira convocatoria para propoñer, comentar, lembrar...
Acordamos ler a obra de Domingo Villar, "A praia dos afogados". E convocámonos para o vindeiro 18 de Novembro por dicir o que a libro nos deparou.
Na biblioteca do Ies estaremos falando, e compartindo un anaco de tempo común arredor dun libro, ao mellor do autor e a outras cousas engadidas que poidan xurdir.
Agrademos tamén posibles opinións que sumar e así ampliar campos e visións da lectura.