30/11/07

TOMATES VERDES FRITOS

TOMATES VERDES FRITOS

Título orixinal:
Fried Green Tomatoes
Ano:
1991
Duración:
126 min.
Nacionalidade:
EE.UU.
Xénero:
Drama
COLOR
Sinopse:
Evelyn, unha muller de mediana idade que vive frustrada poola súa gordura e a incomprensión do seu home, coñece a Ninny, unha anciá que vive nun asilo. Esta cóntalle unha historia ocurrida na vila de Alabama. É o relato da gran amizade que unía a dúas mulleres, o amor, a solidariedade, a amizade con persoas negras e o misterioso asasinato do home dunha delas.

28/11/07

hoxe

Bos días damos dende a nosa biblioteca a blogheiros e blogheiras neste día de ceo enfarruscado!!!.
E sabedes que? Ana, a administrativa do Centro, deulle por ler Made in Galicia, e hoxe devolveu o libro convencida de que a partir da lectura, de agora, fai a promesa de falar en galego, gustou do libro e serviu de reflexión en moitos aspectos e actitudes lingüísticas. Se aínda non tivestes o pracer de botarlle unha lectura, pois de certo que algo estaredes perdendo, ou algo estaredes deixando de gañar.
Que no voso día pasen moitas follas de libros!!!

16/11/07

Lecturas

Temos un CLUB DE LECTURA no IES así que só precisamos xente que queira ler e compartir as sensacións derivadas desa lectura, únete a nós e poderemos vivir mil historias diferentes e novos mundos que descubriremos xuntos/as.
Chamámonos LeMos e queremos literaturizar contigo.
A obra sobre a que falaremos na primeira semana de xaneiro é O club da calceta de María Reimóndez e será moi posible que nos acompañe a propia escritora.

Magosto

O 26 de novembro celébrase o magosto no noso insti. Máis vale tarde ca nunca¡¡¡¡¡¡¡¡¡ estades todos/as invitados/as. Mesmo podedes dar ideas para compartir e facelo máis divertido. Tedes que traer sobre todo GANAS DE PASALO BEN¡¡¡¡¡¡¡¡

12/11/07

Plans

A biblioteca do IES de Mos está a elaborar o plan lector e o plan sociolingüístico. De terdes algo que aportar comunicádenolo.