28/11/07

hoxe

Bos días damos dende a nosa biblioteca a blogheiros e blogheiras neste día de ceo enfarruscado!!!.
E sabedes que? Ana, a administrativa do Centro, deulle por ler Made in Galicia, e hoxe devolveu o libro convencida de que a partir da lectura, de agora, fai a promesa de falar en galego, gustou do libro e serviu de reflexión en moitos aspectos e actitudes lingüísticas. Se aínda non tivestes o pracer de botarlle unha lectura, pois de certo que algo estaredes perdendo, ou algo estaredes deixando de gañar.
Que no voso día pasen moitas follas de libros!!!

1 comentario:

  1. A min gustoume moito tien q leelo x q m mandou a profe de galego pero esta moi bn....

    ResponderEliminar