30/10/09

PLAN LECTOR



HORA DE LER

Xa está en marcha o Proxecto Lector do Centro. O Calendario Lector vai anunciando os días adicados á "Hora de Ler". Dende o 19 de Outubro, contamos no noso horario cunha hora semanal de lectura na aula. De xeito individual, en silencio, cadaquén le o seu libro, prestado, pedido, comprado, regalado...

Iremos informando do proceso, colleita e resposta deste Proxecto. E se algo queredes engadir ao respecto (críticas, suxestións, ideas...) toda proposta será ben recibida e agradecida.

Na foto recóllese o calendario lector sinalando os días e horas adicadas á lectura

29/10/09

COGUMELOS NA BIBLIOTECA




Exposición

de

Cogumelos

na

Biblioteca.

Outro ano máis o Concello de Mos, cedeu a recolleita de cogumelos feita nas xornadas micolóxicas. A nosa biblioteca puido disfrutar da riqueza natural que o outono aporta aos nos montes, así como do recoñecemento e clasificación de cada un dos cogumelos do que se encargou Puri Lorenzo.Aquí queda o agradecemento a todos os que tal labor desenvolven.

27/10/09

Club LeMos


O Club de Lectura LeMos, continúa a súa andaina: no ano III de vida, decidimos reunirnos en primeira convocatoria para propoñer, comentar, lembrar...
Acordamos ler a obra de Domingo Villar, "A praia dos afogados". E convocámonos para o vindeiro 18 de Novembro por dicir o que a libro nos deparou.
Na biblioteca do Ies estaremos falando, e compartindo un anaco de tempo común arredor dun libro, ao mellor do autor e a outras cousas engadidas que poidan xurdir.
Agrademos tamén posibles opinións que sumar e así ampliar campos e visións da lectura.