18/5/11

17/6/10

Novos Encontro de LeMos



Como se non existise
Slavenka Drakulic, Xerais.

Novela escollida polo club LeMos para o mes de marzo- abril.
Esta obra dura e terriblemente humana, foi a que nesta tarde nos xuntou aos membros do club para conversar sobre un tema tan desacougante e estremecedor como é unha guerra. Unha guerra que sempre pensas que non che vai tocar a ti. Todo pode suceder, a ti tamén che pode tocar, que podes facer ante esta terrorífica situación? deixar de existir?.
A literatura e o cine son as mellores canles para transmitir estes horrores, e iso foi o que debullamos ao longo desta charla do mes de abril.





A Mennulara


FORZA, CORAXE, TRABALLO, HONRA E LEALDADE. Todos estes substantivos son os que pon Rosalía … na súa vida para poder sobrevivir nunha socidade marcada polo machismo e, sobre todo, a mafia.
As suposicións interesadas e opinións desacreditadas sobre unha muller condenada á súa condición de inferioridade social e mesmo estimativa, van construíndo cambiantes imaxes que desorientan ao lector.
Un enterro, un funeral, son as disculpa para que os habitantes do pobo, rememoren a difunta. Dende unha arañeira de opinións imos construíndo e descubrindo aos poucos a verdadeira Mennulara. A cosnideración dos feitos sempre resulta relativa e a verdade da personaxe reside nela e nos lectores, que acabamos coñecendo motivos e esencias da protagonista morta.

IX CARREIRA DA ROSA

A partir das 10 da mañá,
con saída e chegada no
Instituto.
Voltamos coa edición Nove.

1/2/10

HdL, Club de Lectura















Xurdiu, e xa vai en funcionamento. HdL está pensado e dirixido ao alumnado do IES de Mos. A esa rapazada que ás veces perde o seu tempo cos libros e coas cousas e feitos que eles contan. Desenvolverase durante a Hora de Ler na biblioteca, unha lectura común para logo compartir experiencias e actividades que amplien impresións.

O libro primeiro será A praga escarlata de Jack London, unha aventura situada no futuro, protagonizada por supervivintes da exterminadora praga escarlata e con xeitos de vida totalmente primitivos.

Os compoñentes do club HdL son:



Moukhcissi, AYMAN 1ºC
Colman Rucco, ALDANA SABRINA 2ºA
Varela Miranda, EVA 2ºA
Iglesias Pérez, DANIEL 2ºA
Blanco Míguez, EDUARDO 2ºB
Pazó Ferreira, VÍCTOR 2ºC
Tobar Buján, JOSÉ ANTONIO 2ºC
Cruz Seijo, ELOY 2ºC
Rodríguez Quintela, SERGIO 2ºE
Pereira Ramilo, ANTONIO 2ºE



Benvidos a esta aventura de ler, de descubrir , de pescudar, de dar e recibir...e agardamos que outros mundos soñados e realidades enriquezan o voso mundo real e imaxinario.

Sen máis

Até a próxima sesión.

20/11/09

LeMos 09: Sesión II

O mércores 18 de Novembro o Club de Lectura LeMos, como cada mes, reuniuse na Biblioteca do IES de Mos, para compartir unhas horas vespertinas e poñer en común as impresións sobre a lectura de A praia dos afogados.Transcorreu o noso tempo achegando impresións varias , acontecementos, espazos recoñecibles e recoñecidos, música e protagonistas.

As conclusións finais resúmense nunha pregunta: Estamos ante unha posible película?, pois a todos nos pareceu que a obra presenta máis as características de guión de cine que de novela.

O autor non puido asistir, mais ofreceu o roteiro a percorrer dos escenarios da novela, ou ben a asistencia á presentación do libro en Nigrán o día 24 de Novembro.

A lectura escollida para a vindeira xuntanza, o 16 de Decembro, foi A revolta dos Animais de George Orwell.

10/11/09

MAGOST09


Chegou novembro e trouxo recendo da castaña asada, a convocatoria de magostos...Coma vén sendo costume, o IES de MOS, poñerá as castañas no lume e con elas celebrará unha xornada de traballo diferente e actividade distinta. Picadores, asadores, cucurucheiros, servidores, limpadores...que vaian botando man dos aparellos necesarios porque o venres 20, aí estaremos agardando que entre todos o Magosto poida ser de novo unha realidade para non esquecer no calendario histórico do Instituto.
O tiro da corda, mazá no caldeiro, trompos, fotografía, pintura...darán a oportunidade de sorrir un chisco e esmerarnos na actividade que máis nos praza. Ollo entón cos taboleiros porque eles darán novas do que vaia acontecendo con esta convocatoria de Magost09.
Na foto, alumnado do IES de Mos preparando as ferramentas do farrusco.